A Generalitat aprobará no outono a lei que permitirá a creación das sete veguerías. A división provincial só servirá para as eleccións xerais.
As provincias deixarán de ser unidade de representación territorial en Cataluña, agás na cita coas urnas das eleccións xerais onde, a nivel estatal, para Madrid seguirán sendo aló catro circunscricións provinciais á hora do proceso electoral.
Fóra diso, as propias deputacións provinciais desaparecerán en Cataluña, substituídas polos chamados consellos de veguería, que xestionarán o orzamento e asumirán as funcións derivadas dos vellos entes, achegando comarcalmente a administración catalá aos cidadáns. Será así cando se complete o proceso de introdución da nova división administrativa propia que a Generalitat ten en preparación e que comezará este outono coa aprobación da lei correspondente. Serán sete veguerías: Barcelona, Camp de Tarragona, Terres de l’Ebre, Lleida, Alt Pirineu i Aran, Catalunya Central e Girona.
Para o éxito desta norma, o tripartito conta ademais co apoio de CiU desde os asentos da oposición. A introdución inicial será con probabilidade á volta das eleccións municipais de 2011. Posteriormente, as forzas políticas catalás aínda terán por diante outro desafío, a aprobación dunha lei electoral catalá, que permita que as veguerías funcionen tamén como circunscricións electorais nos comicios onde se escollen os deputados do Parlament catalán.
Recomendámoslles ampliar en El Periódico: Cataluña senta á fin as bases dunha división territorial propia
Máis información tamén na Viquipèdia.