Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Comicios presidenciais

Corrupción, censura e ameazas na xornada electoral afgá

Sen un censo rigoroso, no medio dun forte boicot das forzas talibáns e con probas de manipulación electoral, 17 millóns de persoas acoden ás urnas.

Redacción - 10:30 20/08/2009

Complicada xornada a que vive este xoves 20 de agosto Afganistán. A cita coas urnas nas eleccións presidenciais pon no primeiro plano internacional as esperanzas e as miserias dun país que vive un tenso conflito bélico.

Malia que a inexistencia dun censo rigoroso, as peculiaridades orográficas e socio-económicas e o contexto militarizado outórganlle frouxa credibilidade ás proxeccións de voto realizadas, a última enquisa coñecida, elaborada por unha organización estadounidense, prevé a vitoria do actual presidente. Segundo esa sondaxe Hamid Karzai obtería o 44% dos votos. Atrás del está o ex ministro de Exteriores Abdulá Abdulá, cun 26% en intención de voto. De non pasar ningún candidato do 50% haberá unha segunda volta o próximo mes de outubro.

Coa escusa de "non asustar a xente", o goberno Karzai decretou estes días a prohibición dos xornalistas de acceder ás zonas onde se produzan ataques e impuxo sobre a prensa local a prohibición de publicar información sobre atentados mentres dure o proceso electoral.

Recordámoslles que unha reportaxe da BBC feita pública esta mesma semana documenta con claridade a masiva fraude posíbel nestas eleccións, coa venda de milleiros de tarxetas electorais en todo o país.

Recomendámoslles a última hora na BBC e en Al Iasira.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: