Dous proxectís zoupan sobre o pazo presidencial e o cuartel policial na capital. Grupos talibáns avisan que actuarán contra quen vaia votar.
A BBC fixo pública este martes unha investigación que revela a masiva venda de votos en Afganistán ás portas das eleccións presidenciais que esta semana se celebran no país. A reportaxe da canle pública británica revela unha situación de fraude e corrupción masiva nesta cita coas urnas onde o actual presidente, Hamid Karzai, aspira a continuar no cargo fronte a un amplo abano de candidatos.
Sondaxes recentes outórganlle a Karzai arredor do 45% dos votos. Atrás del aparece Abdulá Abdulá, ex ministro de Exteriores que goza de apoio iraní para a súa campaña. O terceiro con máis apooio, aínda que moi reducido fronte ao poderío de Karzai e Abdulá, é Ashraf Ghani, quen conta co aval estadounidense, ao igual que o actual mandatario. De non haber maioría absoluta, os cidadáns terán que votar nunha segunda volta o próximo 1 de outubro.
Por outro lado, e no marco do aumento dos ataques dos grupos talibáns diante da votación deste xoves 20 de agosto, a última hora trae a nova do ataque ao propio pazo do xefe de Estado. Segundo as informacións, cando menos dous proxectís impactaron na residencia presidencial sen causar vítimas.
Recomendámoslles ampliar en: