Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Acusacións do PSdeG á Xunta

"Sácanlle os cartos dos libros ás familias para financiar grupos ultracatólicos", censura Laura Seara

"Comezaron financiando os colexios segregadores do Opus e agora financian organizacións que atentan contra os dereitos consolidados das mulleres".

Redacción - 10:00 19/08/2009

“Primeiro empezaron financiando aos colexios do Opus Dei, que apostan pola segregación, e agora, financiando as organizacións do foro da familia para que leven a cabo accións que atentan contra a liberdade e os dereitos consolidados dos cidadáns, neste caso das mulleres: e nin máis nin menos que o fan por lei". Así o denunciaba este martes Laura Seara, voceira en materia de Igualdade do grupo parlamentario do PsdeG.

A deputada socialista anunciaba así que o seu partido vai emendar todos os artigos da iniciativa de "Rede Nai de Apoio a Embarazadas", proxecto que cualifica de "ultradereitista". De paso, acusou o actual goberno de financiar estas organizacións "antiabortistas, ultracatólicas e de ultradereita" cos cartos "que lle detrae a tódalas familias galegas ao abolir a gratuidade dos libros de texto". "Os cartos que antes de adicaban a pagar os libros de texto que as familias recibían gratuitamente, agora van a parar a colexios de corte opusino que segregan aos alumnos en función do seu sexo ou a organizacións antiabortistas, de ultradereita e ultracatólicas", reprochou.

Segundo denuncian os socialistas, detrás desta iniciativa lexislativa popular aprobada no primeiro período de sesións desta lexislatura "están os mesmos que se opoñen á investigación de células nai e que consideran a homosexualidade unha enfermidade".


4,93/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: