O BNG aproveitou a data para reivindicar unha das máximas do líder galeguista: "sen autonomía fiscal non hai autonomía política"
O BNG reivindicou este luns a figura do político galeguista Alexandre Bóveda. A formación frontista aproveitou o Día da Galiza Mártir para denunciar que "Bóveda segue a ser ocultado por ser nacionalista". O líder do Bloque, Guillerme Vázquez, sinalou en Pontevedra que "o españolismo pon sete chaves e sete lousas" enriba da tumba do dirixente do Partido Galeguista fusilado en Pontevedra en 1936.
Vázquez quixo traer o discurso de Bóveda aos titulares lembrando que, tal e como dicía o político galeguista, "sen autonomía fiscal, non é posíbel a autonomía política" e acto seguido reclamou un Estatuto de Nación para Galiza.