O colectivo 'Cultura si, mausoleo non' fai media ducia de preguntas sobre "puntos escuros" e o presunto "malgasto dos cartos de todos os galegos".
"Canto vai ser o costo total final das obras da Cidade da Cultura para as arcas dos orzamentos galegos e cal é o calendario de inauguracións previsto?". Velaí unha das cuestións que a plataforma cidadá 'Cultura si, mausoleo non' lle fai chegar ao conselleiro de Cultura á luz das últimas novidades sobre a evolución do proxecto. Preguntan ademais polo custe das dotacións de mobiliario dos 4 edificios rematados e polo número de persoas que traballaran nos proxectos unha vez finalizados e a canto ascende os costos de vixilancia e seguridade, limpeza e mantemento (luz,calefacción) e outro tipo de explotacións necesarias.
"Tomou algunha medida o actual conselleiro de Cultura, contra a falta de incumprimento contractual por parte do arquitecto P. Eisenman da empresa Eisenman Architects unha vez comprobadas as numerosas faltas no seu inconcluso proxecto e cheo de imprevistos?", desafían tamén a responder ao conselleiro. "Vai iniciarse a construción dos dous edificios que aínda están pendentes ou vai a anularse a súa construción co fin de aforrarse o seu custo para fins sociais?", engaden.