Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Mentres avanza en Vigo

O PP ve A Coruña illada do proceso de áreas metropolitanas, mais di que a culpa é do alcalde

Os populares coruñeses interpretan ademais que existen diferencias entre os criterios do rexedor socialista, Xavier Losada, e o presidente da Deputación, Fernández Moreda.

Redacción - 18:00 06/08/2009

"A súa ausencia de liderado impediulle concretar unha reunión vital para definir o futuro modelo de área metropolitana cun Consorcio que xa manifestou o seu rexeitamento á proposta de convenio do alcalde". Así o analizan este xoves desde o PP da Coruña, criticando a posición do alcalde herculino, Xavier Losada, diante da xuntanza mantida o mércores polo presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, co responsábel do Consorcio das Mariñas, o tamén alcalde de Culleredo, Xulio Sacristán.

Na opinión do grupo municipal do PP na Coruña, este escenario certifica o "illamento político" do alcalde coruñés, e en concreto da súa proposta de área metropolitana. Sinalan os populares a suxestión de Fernández Moreda respecto da posíbel integración da institución provincial no propio Consorcio. Din desde o PP que se trata dun "torpedo en plena liña de flotación" á proposta do rexedor. O PP ven ademais criticamente a iniciativa de Losada para a extensión da futura área metropolitana até Carballo por un lado e deica Ferrolterra polo outro. Ademais, de xeito inmediato, critican que a cidade se limite a asinar un convenio co Consorcio das Mariñas no canto de integrarse ao completo.

De paso, o PP coruñés subliña que a área metropolitana debera estar integrada "como punto de partida" polos concellos da Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, A Laracha, Cerceda, Carral, Abegondo, Betanzos, Bergondo, Sada, Coirós, Paderne e Miño. Non descartan "incorporar con posterioridade a concellos máis afastados co obxecto de tomar decisións conxuntas de planificación moito máis eficaces para os cidadáns".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: