Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Análise do PPdeG

As contas non cadran, pero a culpa é "de Zapatero e do bipartito"

O PPdeG atribúelle un desfase de 1.900 millóns a unha previsión "irreal" de recadación de tributos e un anticipo a conta do Estado.

Redacción - 19:00 05/08/2009

"Pola súa irresponsabilidade e falso optimismo nas contas a comunidade autónoma ten que devolver 1.900 millóns de euros ao Estado nos próximos anos", advertiu este mércores Manuel Ruíz Rivas, voceiro parlamentario do PPdeG. Ruíz Rivas uniu a esta devolución o "burato orzamentario de 1.200 millóns producidos como consecuencia do desfase nas contas públicas do Goberno bipartito, que afectaron moi negativamente ao desenrolo da nosa economía".

Segundo esa avaliación, denuncia o PpdeG que a Xunta terá que pagarlle ao Estado, desde 2011, un total de 1.900 millóns "pola liquidación negativa de anticipos recibidos a conta nos exercicios de 2008 e 2009". Os populares pedirán a comparecencia na Cámara da conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, para explicar a situación.

"O optimismo patolóxico do señor Zapatero viuse superado pola insensatez da Xunta bipartita que preveu un incremento na recadación de tributos propios e un anticipo a conta do Estado", debullou o deputado do PPdeG. "Deste xeito a Xunta bipartita propuxo que recibíramos un anticipo de 270 millóns de euros que resultou ser mentira e un incremento dos tributos propios e cedidos que, ao non crecer, ten un burato de 220 millóns de euros".


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: