Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CO APOIO DE OCCIDENTE

Eleccións en Afganistán: Karzai, a pola reelección

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional afonda no contexto dos comicios do vindeiro 20 de agosto, a segunda convocatoria trala invasión militar.

Redacción - 10:00 09/08/2009
Karzai, que conta co unánime e incondicional apoio occidental, é o principal candidato nas eleccións

Karzai, que conta co unánime e incondicional apoio occidental, é o principal candidato nas eleccións

O boletín de análise que o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) publica para explicar os conflitos de relevancia e actualidade internacional, o Igadi Paper, céntrase no seu décimo sétimo número nas eleccións presidenciais que se celebrarán proximamente en Afganistán. Serán o vindeiro xoves 20 de agosto e todo apunta a que Hamid Karzai, que conta co apoio de occidente, sexa reelixido.

Con todo, na carreira electoral terá a dous rivais de importancia, ambos provenientes do seu goberno: o ex ministro de Relacións Exteriores e líder da Alianza do Norte, Abdullah Abdullah, e o ex ministro de Finanzas, Ashraf Ghani.

Proba de fogo para Obama
Máis alá do futuro inmediato do país afgán, nestes comicios electorais están en xogo os posicionamentos estratéxicos das grandes potencias mundiais. Se ben son notorias as discrepancias e o distanciamento entre Karzai e Obama, Washington sabe que o escenario centroasiático posúe importantes eixes de carácter xeopolítico e global, debido á presenza de potencias como China, Paquistán, Irán, India e Rusia.

Podes acceder aquí ao número 17º do Igadi Paper: Afganistán. Eleccións presidenciais 20 de agosto.


Ligazóns

5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: