Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO PARLAMENTO

O BNG propón que os ríos galegos sexan declarados libres de futuros encoros

Galiza produce o 25% da electricidade de orixe hidráulica do Estado, cun enorme impacto ambiental e paisaxístico.

Redacción - 17:15 27/07/2009
O BNG lamenta que GAliza produza o 25% de electricidade de orixe hidráulica do Estado, cando só representa o 5% do seu territorio

O BNG lamenta que GAliza produza o 25% de electricidade de orixe hidráulica do Estado, cando só representa o 5% do seu territorio

Logo de que a Consellaría de Medio Ambiente anunciase a súa intención de adxudicar novas minicentrais nos ríos galegos, o BNG presenta unha proposición non de lei no Parlamento que demanda á Xunta que "revise o Plan Sectorial Hidroeléctrico, declarando os ríos galegos como libres de futuros aproveitamentos hidroeléctricos". O obxectivo desta iniciativa, que defenderá na Comisión de medio Ambiente Isabel Sánchez Montenegro, é que os ríos galegos sexan declarados libres de futuros encoros.

Ao tempo, a proposición tamén lle demanda ao Goberno que "inste ao executivo español á paralización de novos encoros na Conca Hidrográfica do Miño-Sil e á realización dun estudo de carácter global sobre o estado e a calidade dos ríos incluídos nesta bacía".

Impacto ambiental
Sánchez Montenegro recorda que "Galiza está a xerar a cuarta parte de toda a electricidade de orixe hidráulica do Estado Español, da que o 34% se exporta fóra", e subliña que "esta sobreprodución non redundou nun mellor abastecemento eléctrico ás poboacións e comarcas galegas".

Pola contra, as consecuencias deste aproveitamento eléctrico en Galiza son, segundo explica o BNG, moi negativas. Un dos datos que ofrecen é que o 70% dos nosos leitos fluviais son inaccesíbeis ás especies migratorias. Como exemplo, poñen o salmón, que viu reducida a súa poboación en máis dun 99% nos últimos anos.

Doutra banda, Sánchez Montenegro denuncia que esta sobreexplotación dos nosos ríos con encoros e minicentrais prodúcese "a costa da perda da riqueza ecolóxica irreversíbel". Asegura que as minicentrais hidráulicas "apenas producen o 2,5% de toda a enerxía que xera Galiza, o que demostra a súa escasa importancia en termos de produción de electricidade".


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: