Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Lucid Intelligence

Unha base de datos recompila información roubada de 40 millóns de persoas

Recompilada durante catro anos por un ex-policía, pretende que as persoas afectadas saiban que os seus datos privados se están a vender na rede.

Redacción - 19:00 25/07/2009

Un ex-policía británico recompilou datos privados de 40 millóns de persoas de todo o mundo que están á venda na internet. A información inclúe detalles da tarxeta de crédito, números de conta bancaria, teléfonos e mesmo os PINs. A base de datos, denominada Lucid Intelligence, foi interceptada por Colin Holder, que traballou na patrulla antifraude.

A meirande parte dos datos corresponden a persoas estadounidenses e a catro millóns de británicas. Obter toda esa información custoulle a Holder máis de 200 mil euros, que pretende amortizar cobrándolle á xente para comprobar se os seus datos privados foron filtrados.

Segundo informa o Times, as contas bancarias e números de tarxeta de crédito obtivéronos cibercriminais mediante o método de "phishing", grazas ao envío de correos electrónicos que pretendían proceder de entidades de crédito ou de virus. Cada dato individual ofrécese na rede por arredor de 50 céntimos. O xornal asegura que tamén se venden contrasinais de enderezos de correo de empresas ou mesmo de profesionais privados.

Un departamento gobernamental do Reino Unido decidirá se é legal a base de datos Lucid Intelligence, aínda que xa avisa que terá que cumprir coa Lei de Protección de Datos. Aínda a meirande parte da información recompilada se pode considerar de "baixo risco", si pode ser moi útil para os cibercriminais que recollen enderezos de correo electrónico para enviar spam.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: