Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Deixa o proceso para 2010

O Movemento Galego ao Socialismo mantén a intención de "formalizarse como grupo"

O colectivo integrado no BNG comunicou este xoves que está "en condicións cualitativas e cuantitativas" para dar "este paso".

Redacción - 12:00 17/07/2009
Rafa Villar, voceiro do MGS

Rafa Villar, voceiro do MGS

O Movemento Galego ao Socialismo, integrado na fronte do BNG, anunciou este xoves a súa intención de "formalizarse como grupo" dentro do Bloque o próximo ano para lograr o "avance do socialismo e o nacionalismo". En conferencia de prensa en Santiago, os voceiros da organización, Rafael Villar e Noa Presas, xustificaron esta actuación en que o 'Movemento Galego ao Socialismo' está "en condicións cualitativas e cuantitativas" para dar "este paso".

Ademais, avanzaron que, dado que en 2010 non se darán "eleccións nin grandes reunións", aproveitarán este período para "iniciar unha nova fase de reforzo organizativo" e "mellorar" todo aquilo relacionado coa súa "acción política". Nesta liña, Villar manifestou a "vocación de continuidade" do 'Movemento Galego ao Socialismo' e a importancia de "consolidar o seu proxecto" dentro de "estruturas máis grandes", en referencia ao BNG.

Denuncia dos "ataques" á cultura galega
Por outra banda, Presas anunciou que a organización se unirá á manifestación convocada o día 25 de xullo na capital galega polo BNG baixo o lema 'Movámonos! Polo noso idioma, polo emprego'. Non obstante, a voceira sinalou que a agrupación acudirá cun "lema propio" e que "se sumarán" ás reivindicacións da súa fronte, entre as que destacaron o "ataque á cultura galega", en especial no "ámbito lingüístico". Así mesmo, subliñou a importancia desta convocatoria, coa que coa que o BNG espera congregar unha "manifestación masiva" para festexar a "nación galega" e marchar contra a "inoperancia" da Xunta.

O 'Movemento Galego ao Socialismo' naceu como organización en marzo deste ano, tras desvincularse do colectivo 'Movemento pola Base' e da decisión dese colectivo de escindirse das filas da formación frentista no Consello Nacional do día 14 dese mesmo mes. Tras a separación deste grupo, o integrante da Xestora Nacional da nova corrente e ex voceiro de 'Nunca Máis', Rafael Villar, reafirmou a súa "aposta política" polo Bloque como "forza nacionalista actuante no país".


Ligazóns

1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: