Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En Marín

A alcaldesa en funcións de Pontevedra planta os reis de España

Teresa Casal amosouse disconforme co lugar en que a colocaron no palco de autoridades, en cuarto plano, un lugar non "digno" para a capital.

Redacción / EP - 18:30 16/07/2009
Teresa Casal, nun mitin

Teresa Casal, nun mitin

A alcaldesa en funcións de Pontevedra, a socialista Teresa Casal, decidiu plantar este xoves os reis de España e o presidente da Xunta. Casal considerou que a súa colocación en cuarta fila no acto de entrega de despachos na Escola Naval Militar de Marín deixaba "mal parada" a cidade.

Casal afirmou que, como rexedora da capital de provincia, debería estar a carón do alcalde de Marín, anfitrión do evento. Deste xeito, amosou a "súa disconformidade" por estar colocada "por detrás de varios funcionarios" e "no galiñeiro", aínda que negou que tivese nada que ver coa rivalidade con Marín que, "como é lóxico, por ser a anfitrioa, debe estar no primeiro lugar".

"Non se trata de persoas, senón de institucións, e relegarnos a esa posición non é un trato digno para Pontevedra", explicou. Como consecuencia, antes de que chegasen o xefe do Estado Español e o presidente do Goberno, abandonou o acto "de maneira discreta", nun xesto secundado por "membros da corporación de Marín".

Teresa Casal confirmou que o Concello de Pontevedra lle enviará un escrito á Escola Naval Militar de Marín explicando as razóns do seu abandono.


4,88/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: