Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reforma do financiamento autonómico

"Rajoy é quen decide por Feijoo", reprocha Guillerme Vázquez

O voceiro nacional do BNG queixouse da "vacilante" posición do presidente da Xunta durante a negociación.

Redacción - 11:30 16/07/2009

"Nin si nin non nin todo o contrario". Tal foi a definición que arranxou este mércores o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, ao respecto da posición da Xunta na negociación no Consello de Política Fiscal e Financeira.

"A abstención galega non a decidiu o Goberno galego, senón a sede Génova e o señor Rajoy", avaliou Guillerme Vázquez, "Feijoo demostrou a nula autonomía política de que dispón", afirmou. "Cando todas as comunidades autónomas gobernadas polo PP votan o mesmo o que se evidencia é que o fan non en función de se saen mellor ou peor paradas no novo sistema de financiamento, senón en función dos intereses políticos do Partido Popular a nivel estatal", expresou o líder nacionalista. "Quen vai tomar en serio agora ao señor Feijoo", dixo.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: