Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reforma do financiamento autonómico

Manuel Vázquez calcula que Galiza conseguirá 620 millóns do novo modelo

O secretario xeral do PsdeG, Manuel Vázquez, foi optimista este domingo sobre a proposta chegada de Madrid.

Redacción / EP - 08:00 13/07/2009

O secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, avanzou este domingo, en declaracións a Europa Press, que Galiza conseguirá "como mínimo" uns 620 millóns de euros do novo sistema de financiamento, que presentou a vicepresidenta segunda do goberno español, Elena Salgado.

Vázquez considerou que "neste momento" empeza a ver "unha proposta razoábel" segundo os "cálculos" que manexa o Partido Socialista de Galicia e que, na súa opinión, "garante unha cobertura de servizos básicos, como sanidade, educación e políticas sociais, que se aproxima bastantes ás necesidades" do país.

"É a clave, segundo os datos que manexamos, en servizos fundamentais, quedamos bastante por enriba da media do 7 por cento", valorou. Así, comparou a primeira oferta de 447 millóns cos "620 millóns de euros" que, asegura, recibirá Galiza, aínda que recoñeceu que, "nun debate de repartición, sempre se quere máis".

Por outro lado, valorou a "mellora" dos criterios de dispersión, envellecemento e bilingüismo nos que "Galiza sae ben", e afirmou que "aínda queda para traballar os matices". "Pode mellorarse e imos seguir como estivemos ata agora, pedindo apoio para Galiza e creemos que --a Xunta-- debe deixar de instalarse no negativo e na confrontación", criticou. Por iso, lamentou que "é unha pena" que o presidente dá Xunta, Alberto Núñez Feijoo, estivese "ausente, permanentemente" na negociación e avogou por "abandonar os titulares grandilocuentes" para "tratar de esforzarse na negociación co goberno español".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: