Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Moción de censura en Gondomar

"Aprovéitanse dos tránsfugas para facerse cun poder que lles negaron as urnas", reprocha o PSdeG

O secretario de Cidades e Política Municipal do PSOE e representante do PSOE na Mesa do Pacto de Antitransfuguismo, Antonio Hernando, cualificou de grave a estratexia do PP en Gondomar, Abegondo, Mos e Trives.

Redacción - 17:50 07/07/2009
Antonio Hernando

Antonio Hernando

"Tan responsábeis son os concelleiros tránsfugas como os alcaldes do PP que se benefician da situación”, arrebolou este martes o responsábel de Política Municipal do PSOE, Antonio Hernando, quen visitou Galiza para denunciar a estratexia do PP nas recentes mocións de censura e responsabilizou o PP e o seu presidente en Galiza, Núñez Feijoo, de manter "unha estratexia deliberada, amparando e lexitimando o transfuguismo como un xeito de chegar ao goberno sen ter en conta o resultado das urnas".

"O que non dan as urnas non é lexítimo acadalo por medio do transfuguismo", insistiu Hernando, indicando que nestes casos "non vale calar, xa que si Feijoo quere, pode parar este atropelo á democracia e á cidadanía". Recordou o portavoz socialista que xa no veciño caso de Mos o PP "preferiu mirar para outro lado”. O PSOE esíxelle así ao PP que respecte o pacto antitransfuguismo, adopte as medidas previstas neste documento e resolva expedientes disciplinarios, "expulsando estas persoas do partido", e garantindo que "non poidan formar parte das listas nas vindeiras eleccións".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: