Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito laboral

O comité de empresa de Caramelo cualifica de "ameaza" un comunicado da compañía, e mantén a folga do xoves

A téxtil coruñesa chamou os traballadores a chegar a un acordo "urxente" porque o conflito "aboca ao concurso de acredores".

Redacción - 09:00 07/07/2009
Unha mobilización das traballadoras de Caramelo contra os 237 despedimentos contemplados no ERE / Imaxe: CIG

Unha mobilización das traballadoras de Caramelo contra os 237 despedimentos contemplados no ERE / Imaxe: CIG

A voceira do comité de empresa de Caramelo, Dores Martínez, cualificou este luns de "ameaza" o comunicado da compañía téxtil, no que chaman os empregados a chegar a un acordo "urxente" porque o conflito "está abocando ao concurso de acredores". Cómpre lembrar que a empresa presentou un ERE que abrangue os empregos de 237 persoas, e que aínda está a ser estudado.

Martínez considerou que a comunicación feita por Caramelo supón un "alarde do único contexto en que entende a negociación, que é a ameaza", co "aliciente" de que acusa á CIG -sindicato maioritario-, de ter "desinterese" por terminar o conflito. "Coma se fose unha decisión nosa aceptar ou non a proposta", dixo e alegou que as opcións "serán sometidas á consideración da asemblea".

"O que temos claro é que calquera proposta será aceptada cando así nolo diga a asemblea", afirmou e argumentou que a proposta feita pola compañía téxtil o pasado venres provocou a "risa, por dicilo dalgún xeito", no persoal.

Mantense a folga desta semana
Así, a sindicalista da CIG indicou que se mantén a folga para o vindeiro xoves acordada por "unanimidade" da asemblea, e sinalou que no encontro do venres, tras oír a oferta de Caramelo, o comité de empresa manifestou que "non garantía" que a vindeira xuntanza -que será o mércores, tras a que este martes manterán os representantes dos traballadores co conselleiro de Economía, Javier Guerra-, se fose producir nun "contexto de paz social", pois a actitude da firma "non é de normalidade", sostivo.


3,5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: