O téxtil coruñesa responsabiliza estes empregados dos imperfectos na súa fábrica de Agrela. Por outro lado, a Xunta comprometeuse a mediar no conflito.
A empresa téxtil coruñesa Caramelo formalizou esta segunda feira o despedimento de 10 dos 24 traballadores aos que a dirección responsabilizou dos desperfectos ocasionados a pasada quinta feira en roupa e mobiliario da súa fábrica do polígono industrial de Agrela.
Os sindicatos xa anunciaron a súa decisión de recorrer ante os tribunais estes despedimentos, dos que catro afectan directamente a membros do Comité de Empresa.
As protestas desenvolvéronse cando a dirección da empresa se botou atrás na súa intención de renegociar un ERE que afecta uns 237 traballadores.
A Xunta mediará para "atopar unha vía de solución"
A Consellaría de Economía e Industria sinalou esta segunda feira que vai mediar nunha nova xuntanza entre a empresa e os sindicatos, para "atopar unha vía de solución" ao conflito de Caramelo.
O titular deste departamento, Javier Guerra, mantivo un encontro coa dirección de Caramelo para explorar novas vías para a "consecución dun posíbel acordo" entre ámbalas dúas partes. Guerra xa se xuntou a pasada sexta feira cos representantes dos traballadores. Deste xeito, nos vindeiros dúas estabelecerase unha nova xuntanza entre a empresa e os representantes dos traballadores, coa mediación dun representante da Xunta.
En asemblea, esta segunda feira, os traballadores acordaron convocar un novo calendario de mobilizacións, á espera de que a Xunta poña unha data para esta xuntanza.