Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESCÁNDALO

As patacas podres do CNI tamén se daban en Bergantiños

Alberto Sáiz, xefe dos espías españois, presentou a súa dimisión. Unha parte das acusacións contra el están relacionadas coa familia política.

Redacción - 18:05 02/07/2009
Tags: CNI espías

O director dos espías españois, Alberto Saíz, dimitiu este xoves ao considerar que as acusacións que se estaban a publicar contra el na prensa prexudican a imaxe do goberno estatal. O executivo de Rodríguez Zapatero xa ten substituto: o militar Félix Sanz Roldán.

O xornal madrileño El Mundo publicou nas últimas semanas diferentes noticias nas que se aseguraba que Saíz aproveitara o seu alto cargo para beneficio propio. Entre outras acusacións, o rotativo afirmaba que o director do CNI mercáballe con fondos públicos toda a produción de patacas á súa familia política, que vive no municipio bergantiñán de Carballo. Logo as patacas ían parar, supostamente, a amigos ou vendíanse a terceiros.

Saíz segue a manter que todas as acusacións son “falsas”. De feito, afirma que despositou probas que demostran a falsidade de todas as imputacións vertidas sobre a súa persoa.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: