Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PÍDELLE SOLUCIÓNS

Aymerich critica o “desleixo e desinterese” do Goberno

O voceiro parlamentario do BNG insta á executiva popular a que declare hábil o mes de xullo para seguir traballando na procura dunha saída aos principais problemas do país.

Redacción - 19:30 01/07/2009
Carlos Aymerich e Ana Pontón durante a rolda de prensa

Carlos Aymerich e Ana Pontón durante a rolda de prensa

O voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, compareceu xunto á viceportavoz, Ana Pontón, para facer un balanzo da lexislatura que oficialmente acaba este mércores. Aymerich lembrou "o traballo constante do BNG para levar á Cámara Galega os problemas do país, fronte a un Goberno do PP inactivo e que o único que fai ben é destruír".

Nesta liña criticou o feito até o momento pola executiva de Núñez Feijoo, e acusouna de "desleixo e desinterese" á hora de afrontar os problemas do país. Aymerich queixouse de que "seguimos sen saber nada das propostas de Feijoo para o financiamento autonómico" malia a reunión mantida entre o presidente da Xunta e o ministro de Política Territorial do goberno español, Manuel Chaves. Tamén se laiou da "actitude submisa" diante dos prazos propostos polo goberno estatal para a materialización das grandes infraestruturas, e puxo como exemplo o aprazamento do TAV que unirá Galiza coa meseta no ano 2015.

Ademais, o voceiro do BNG na cámara non considera lóxico "marchar de vacacións mentres están sen resolver o modelo de financiamento autonómico; mentres os traballadores do metal seguen sen convenio; mentres non se asine o protocolo de infraestruturas ou mentres non saibamos que vai pasar coas caixas de aforros coa nova reforma do goberno central, que pode provocar a súa absorción por entidades de fóra"

Pontón fala de "actitude antidemocrática" do PP
Pola súa parte, a viceportavoz do BNG no parlamento, Ana Pontón criticou a "actitude antidemocrática" do PP, ao que acusou de "considerar o Parlamento un apéndice do Goberno", querendo minimizar a capacidade do Bloque Nacionalista Galego. Nesta liña lembrou que das 1300 iniciativas presentadas pola organización nacionalista só foi tratada unha porcentaxe menor ao 15%, e inferior ao 10% no caso das presentadas en comisión.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: