Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Análise do PP

Coa terceira coalición rota en dez días "demóstrase que os bipartitos non funcionan"

"O pacto entre PSOE e BNG xa resultou ser un fracaso a nivel autonómico e agora estase empezando a resentir tamén a nivel municipal", interpretan desde o PP.

Redacción - 19:25 30/06/2009

Consideran desde o PP que é "un feito claro" que Galiza "non quere bipartitos que destinen o seu tempo a amañar as súas disputas internas no canto de gobernar". "Por iso, despois de dous anos de coalición PSOE-BNG asinada en Santiago, pero aplicada nos concellos, os pactos están rachando", afirman desde o PP.

Nun comunicado enviado aos medios na tarde deste martes e logo de coñecerse que o BNG deixaba a coalición co PSOE no Concello de Fene, teiman desde o PP en que a unión destas dúas forzas "xa resultou un fracaso a nivel autonómico coa súa ampla derrota o pasado 1 de marzo". Citan os populares, ademais do caso fenés, os de Vilariño de Conso e Gondomar, e apuntan ao fío que se trata dunha "proba máis" de que "a coalición entre ambas forzas políticas non só non é frutífera senón que é nociva para os intereses dos veciños". "A ineficacia, a desunión e a falta de cohesión entre o PSOE e o BNG pon de manifesto que a súa alianza é antinatural e realizada co único fin de apartar do poder o PPdeG", censuran.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: