No Canal Irimia poden ler a conversa co ensaísta vilalbés e tamén sobre 'Terra de seu', o novo libro de Manuel Regal Ledo.
Antón Baamonde, filósofo, profesor e escritor vén achegándose á figura de Ramón Piñeiro tratando de analizar o traballo deste persoeiro no contexto en que se levou a cabo e coa distancia e a serenidade que ofrecen as dúas décadas transcorridas dende o pasamento do autor lancarao. Por parte, coñeceu a Piñeiro persoalmente, pasou pola súa famosa mesa de braseiro de Xelmírez 15 e por iso conta tamén coa visión persoal sobre unha figura fundamental na Galicia da segunda metade do século XX. No Canal Irimia poden ler a conversa que mantivo con Aldegunde Quiñones.
Doutra banda, este ano, no marco da celebración do San Cidre, Manuel Regal Ledo presentou o seu novo libro Terra de seu. Breve historia do campesiñado galego, que recolle os 24 capítulos que foron saíndo durante 6 anos en Fervenza, a revista trimestral do Movemento Rural Cristiá de Galicia. Como ben se comenta na introdución do libro, o título “Terra de seu” ten moito que ver coa que foi unha das máis fondas aspiracións dos homes e mulleres do campo galego durante séculos: ter terra de seu, sobre a que libremente fundamentar unha vida digna. O libro quere ser así "unha homenaxe sobradamente merecida a tantos antepasados nosos, con corpo e alma de home ou muller rurais, que fixeron historia, a nosa historia a ritmo de teimudas aspiracións, que sempre deron os seus froitos". Tamén no Canal Irimia, Tareixa Ledo analiza está nova obra do escritor lugués.