Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Este martes, segunda xornada de paro

Polo menos un morto, sete detidos e varios desaparecidos en Honduras

O presidente Manuel Zelaya, que intervirá este martes na ONU, anunciou que regresará a quinta feira ao país, e pediulle ao Exército que volvese aos cuarteis.

Redacción - 11:15 30/06/2009
Zelaya estará hoxe na ONU

Zelaya estará hoxe na ONU

A canle multinacional TeleSUR informou de que a primeira xornada de paro nacional en Honduras deixou como resultado polo menos un morto, sete detidos e varios desaparecidos, entre estes o alcalde de San Pedro Sula. O presidente imposto, Roberto Micheletti, ordenoulle ao Exército que reprimise as manifestacións en protesta polo golpe de Estado.


O presidente constitucional, Manuel Zelaya, declarou este luns (madrugada en Galiza) que regresará esta quinta feira ao país logo de que participe nunha reunión da Organización de Estados Americanos (OEA) en Washington (EUA).

Zelaya anunciou a súa volta na xuntanza extraordinaria da ALBA este luns en Managua (Nicaragua). "Vou para Tegucigalpa o vindeiro xoves, regreso de Washington, chega o presidente electo polo pobo", asegurou Zelaya.

Ademais, este martes, está previsto que suba á tribuna da Asemblea Xeral da ONU. Zelaya aproveitará a ocasión para agradecer a solidariedade mundial e a condena unánime da comunidade internacional ao golpe de Estado.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: