Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Durante o curso 2009-2010

Educación prepara o decreto para conxelar as taxas universitarias

Os pagamentos obrigados quedarán nas mesmas cifras que tiveron este curso, tanto para a matrícula de graos e másteres, como para a expedición de títulos.

Redacción - 08:00 23/06/2009
Detalle dun cartaz dos Comités, demandando a paralización da suba das taxas universitarias

Detalle dun cartaz dos Comités, demandando a paralización da suba das taxas universitarias

A Consellaría de Educación informou esta segunda feira de que está tramitando o decreto que permitirá a conxelación das taxas universitarias para o curso 2009-2010, tanto para a matrícula de graos e másteres como para a expedición de títulos.

Con esta medida, segundo destacou a Administración educativa, pretenden "amosar o compromiso" coa universidade galega nun "momento especialmente delicado" debido á crise e ao feito de estar inmersa na adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). Segundo e lembran dende a consellaría, o Consello Galego de Universidades xa deu a finais de maio o visto e prace a esta proposta para a conxelación de taxas, e solicitou deixalas nun intervalo que vai desde o -0,2% ao 3,8%.

Educación destacou que, de cumprirse o calendario agardado, a conxelación deberá ser aprobada polo Consello da Xunta a principios de xullo, antes de ser publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG). Así mesmo, co fin de evitar que os estudantes teñan que abandonar os estudos por falta de recursos, a consellaría sinalou que se habilitará unha liña de axudas para persoas con escasos medios, problemas familiares, casos de malos tratos e outras situacións de "extrema desvantaxe".

Estas axudas serán complementarias co resto das bolsas para o vindeiro curso universitario, que a consellería xa está a tramitar, e que se publicarán no DOG nas vindeiras semanas. Os estudantes poderán, ademais, optar ás bolsas-salarios anunciadas polo goberno central.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: