Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NOVELA EN GALEGO

Inma López Silva, premio Arcebispo San Clemente

Foi escollida, xunto con Ignacio M. Pisón e Henning Mankel, como gañadores deste galardón que entregan os propios alumnos de secundaria.

Redacción - 17:45 22/06/2009

Memoria de cidades sen luz, de Inma López Silva. Esta foi a obra gañadora do XV Premio Arcebispo San Clemente na modalidade de novela en galego. Tivo que competir coas novelas finalistas: Conexión Tubinga de Alberto Canal e O xardín das pedras flotantes de Manuel Lourenzo.

Estre premio, que está convocado polo Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, ten a particularidade de que son os propios alumnos de secundaria os que len e escollen as obras gañadoras do galardón, dotado con tres mil euros en cada unha das modalidades. O xurado estivo formado polos estudantes dos institutos de educación secundaria Rosalía de Castro de Santiago, Xesús Ferro Couselo de Ourense, María Soliña de Cangas (Pontevedra), Poeta Díez Castro de Guitiriz (Lugo) e o IES nº1 de Ribeira (A Coruña).

Castelán e lingua estranxeira
Na categoría de novela en castelán o premio correspondeulle a Ignacio M. Pisón, pola súa obra Dientes de leche. Resultou elexida entre todas as finalistas: El día de hoy de Alejandro Gándara e La casa de Dostoievsky de Jorge Edwards.

No caso do obra en lingua estranxeira, as tres finalistas foron Chesil Beach de Ian McEwan, Tren nocturno a Lisboa de Pascual Mercier e O chinés , de Henning Mankel, que resultou finalmente gañador.


Ligazóns

5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: