Galardoados Miguel Anxo Murado, Xabier Docampo, Xulio Valcárcel, Inma López Silva, Gonzalo Navaza, Teresa Moure, Ana Romaní, Marcos Valcárcel, Elena Poliatowska e o Liceo de Ourense.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega celebrou este sábado a Cea das Letras, un dos actos máis importantes da organización, na que deu a coñecer e entregou os premios ás mellores obras publicadas no ano 2008.
Da suma de votos emitidos nunha primeira quenda polas persoas asociadas á AELG, coa participación de Gálix para escoller a mellor obra de literatura infantil e xuvenil e do Colexio de Xornalistas para o de mellor traxectoria xornalística, elaborouse unha listaxe de obras finalistas, sobre a que se elixiron as seguintes gañadoras:
- Ensaio: Miguel Anxo Murado, pola súa obra Fin de século en Palestina (Galaxia)
- Literatura Infantil e Xuvenil: Xavier P. DoCampo, pola súa obra O libro das viaxes imaxinarias (Edicións Xerais de Galicia)
- Poesía: Xulio L. Valcárcel, pola súa obra A melancolía dos corpos (Ediciones de la Sociedad de Cultura Valle-Inclán)
- Narrativa: Inma López Silva, pola súa obra Memoria de cidades sen luz (Galaxia)
- Tradución: Gonzalo Navaza, pola tradución da obra As flores do mal, de Charles Baudelaire (Galaxia)
- Teatro: Teresa Moure, pola súa obra Unha primavera para Aldara (Deputación Provincial de A Coruña)
- Mellor traxectoria xornalística: Ana Romaní
- Blog Literario: Marcos Valcárcel, polo seu blog As uvas na solaina
- Institucións: Sección de Literatura do Liceo de Ourense
- Escritora Galega Universal: Elena Poniatowska