Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
baloncesto

O Obradoiro chega finalmente á ACB, da man de Blusens e Xacobeo

O club compostelán presentou na sede da Asociación de Clubes a documentación precisa. Agora só ten que arranxar algún detalles.

Redacción - 08:00 16/06/2009
A delegación do Obradoiro, este luns na sede da ACB

A delegación do Obradoiro, este luns na sede da ACB

Nunha xornada histórica para o baloncesto compostelán e galego, os responsábeis do Obradoiro CAB entregaban en Madrid, na sede da Asociación de Clubes, toda a documentación precisa para formalizar a inscrición do equipo na primeira liga estatal. Era a culminación de 20 anos de loita, que se cadra se verá recompensada cando os xogadores do primeiro equipo poñan un pé na cancha do que xa é un equipo da ACB.

Mais o Obradoiro chega á ACB co apoio, por sorpresa, da multinacional Blusens, que aportou un cheque de 182 mil euros para que o equipo puidese aboar a cota de inscrición da liga. O outro apoio do clube chegou do lado institucional, do Xacobeo. "Xa somos ACB", anunciaba o vicepresidente do equipo compostelán, Javier Laíño, após entregar toda a documentación precisa.

Agora, o Obradoiro debe arranxar pequenos detalles que teñen a ver coas subvencións das institucións oficiais, patrocinios, cesión de uso do Pavillón onde ha xogar os partidos oficiais, documentación da auditoría, e a xustificación do seu orzamento, para estar de cheo na liga. O clube ten 10 días para presentar a documentación completa na sede da ACB.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: