Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
baloncesto

A ACB segue a estudar o caso do Obradoiro

A Asociación de Clubes de Baloncesto aínda non anunciou un prazo para facer pública a súa resolución sobre a posíbel participación do clube compostelán na tempada 2008-2009.

Redacción - 11:00 21/02/2008

Hai xa case tres meses que se fixo pública a sentenza que obrigaba á ACB a admitir ao Obradoiro, na tempada 2008-2009 da primeira liga estatal, mais, até o de agora ningunha das partes implicadas comunicou nada sobre o que vai acontecer co clube compostelán.

Aínda non se sabe se o equipo vai poder xogar na mellor liga europea, mais as especulacións son abondas. O clube compostelán leva todo este tempo movéndose para conseguir un financiamento sólido que lle permitise manterse toda a tempada; ao tempo que se ouviron ruxerruxes sobre a posibilidade de que o Obradoiro vendese a súa praza a outro clube con máis cartos.

Por outro lado, dende a ACB nada se dixo aínda. Só que os servizos xurídicos do organismo están aínda estudando a sentenza, e que non pensan aínda nun prazo para anunciar a súa resolución.

Segundo conta o xornal El Correo Gallego, as xuntanzas co CSD (Consello Superior do Deportes) foron constantes dende novembro, posto que a ACB quere ser escoitada xa que, de admitir ao Obradoiro, a liga quedaría con 19 equipos, un número impar que prexudicaría todo o sistema instaurado hai anos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: