Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xuntanza entre Feijoo e Zapatero

Financiamento, TAV e os problemas do leite e do naval sobre a mesa da Moncloa

O presidente xúntase esta segunda feira co seu homólogo español, para pedirlle cartos repartidos "de xeito equitativo".

Redacción / EP - 09:00 15/06/2009

Un financiamento autonómico "equitativo", o TAV e a situación dos sectores lácteo e naval centrarán a xuntanza que esta segunda feira manterán o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o xefe do Executivo español, José Luis Rodríguez Zapatero, no Palacio da Moncloa, en Madrid.

Segundo sinalou o domingo Feijoo, el acude ao encontro "coas pilas cargadas" e disposta a deixarlle sobre a mesa a Zapatero "as principais demandas" de Galiza.

Agardando aínda por unha xuntanza co ministro de Fomento, o ulloán Xosé Blanco, Feijoo tentará saber de Zapatero "prazos e orzamentos" concretos para a chegada do TAV a Galiza. Nesta liña, tamén ha demandar unha comisión de seguimento das infraestruturas do Estado no país.

Por outra parte, e segundo sinalou durante toda a semana pasada, o presidente galego aproveitará o encontro con Zapatero para exixirlle unha "negociación clara" coa UE para que se lle poida erguer o veto á construción naval civil imposto por Europa ao estaleiro de Navantia Fene, até 2015. Na axenda de Feijoo tamén figuran o financiamento da Lei de Dependencia e o voto en urna para a emigración.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: