Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
HOMENAXE

Cuntis lembra o compromiso xornalístico e político de Xohán Xesús González

Este sábado 13 de xuño a Asociación O Fervedoiro homenaxea o nacionalista, fusilado o 12 de setembro de 1936 en Compostela.

Redacción - 18:00 12/06/2009

Este sábado 13 de xuño, a partir do mediodía, comezarán os actos de homenaxe a Xohán Xesús González, mártir nacionalista fusilado o 12 de setembro de 1936 no cemiterio compostelán de Boisaca.

As actividades, organizadas pola Asociación O Fervedoiro, comezarán na Casa da Cultura Roberto Blanco Torres, onde se inaugurará a mostra biográfica sobre o homenaxeado, baixo o nome Xohán Xesús González. Porta dun futuro proletario. No acto falará un membro da Comissom Histórica da Gentalha do Pichel (Compostela), o historiador e colaborador de Vieiros, Uxío Breogán Diéguez Cequiel (Presidente da Asociación de Historiadores Galegos, Director da Revista Murguía e Presidente do Centro de Documentación Alexandre Bóveda) e o escritor Xosé Vázquez Pintor (membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega e un dos fundadores d'A Nosa Terra).

Ademais, estarán presentes Xosé Luís Rivas Cruz e Baldomero Iglesias Dobarrio, Mini e Mero, ámbolos dous escritores, cofundadores de Fuxan Os Ventos e d'A Quenlla, que prestarán as súas voces para honrar o sobranceiro represaliado de Cuntis. A seguir, os actos trasladaranse ao camposanto de Cequeril e ao pé da sepultura de Xohán Xesús González, onde varios poetas recitarán versos ao canteiro e político de Sebil. Á poesía seguirana as gaitas de Calo (Teo, Compostela), terra na que Xohán Xesús González fundou, ao tempo que estalaba o golpe de Estado do 36, o famoso Terzo de Calo, do que facían parte varios irmáns de Enrique Líster. De volta na vila do Baño (Cuntis) chegará a hora de xantar.


4,33/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: