Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Chama á reforma das institucións

"Hai que darlles unha volta", di Baltar das deputacións

Máis cartos e modernización, receita o presidente da Deputación de Ourense.

Europa Press - 20:00 11/06/2009
Xosé Luís Baltar, presidente da Deputación de Ourense

Xosé Luís Baltar, presidente da Deputación de Ourense

O presidente da Deputación Provincial de Ourense, Xosé Luis Baltar, defendeu este xoves o papel das deputacións provinciais como "entes absolutamente necesarias", aínda que recoñeceu que "probablemente hai que darlles unha volta" para a súa "modernización" e pediu "dotalas de financiamento". Na sinatura dun convenio de colaboración entre a institución provincial ourensá e a Federación de Municipios e Provincias (Fegamp), Baltar asegurou que as institucións provinciais son un "instrumento que se pode aproveitar" para ter unha "administración intermedia" para os concellos.

Neste sentido, Baltar sinalou que nunha provincia como a de Ourense, con concellos menores de 20.000 habitantes --agás a capital--, a deputación é "absolutamente necesaria", aínda que "dotándoa do financiamento necesario". Deste xeito, avogou "poñer pautas para que o financiamento que se obteña" se dirixa aos pequenos concellos. Baltar destacou a "plena concienciación" do papel das institucións provinciais por parte do presidente da Fegamp, Carlos Fernández, e apostou por "ir traballando con calma e sen descanso" nesa modernización.

Plan de Formación Continua
Pola súa banda, o presidente da Fegamp asegurou que o Plan Interadministrativo de Formación Continua, o desenvolvemento da cal recolle o acordo asinado hoxe coa deputación, os se fai sentir "moi orgullosos", porque as persoas que o levan a cabo "teñen cada vez mellores resultados".

Para este exercicio, o presuposto é de 216 mil euros, o que supón "14 mil euros máis que o ano pasado". En toda Galiza "impártense 33 cursos nos que participarán ao redor de 800 alumnos", apuntou. O convenio de colaboración entre a Fegamp e a Deputación de Ourense, polo que a federación achega 12 mil euros, permitirá manter unha liña de colaboración estable en materia de formación para os traballadores da Administración local da provincia de Ourense.

Programa en Ourense
O Programa Provincial de Formación Continua incluirá actividades formativas a máis de 5.300 traballadores públicos da Administración Local de Ourense nas que participarán a totalidade dos 92 municipios e das nove mancomunidades. Este plan de formación conta co apoio das catro organizacións sindicais representativas nas administracións públicas da provincia de Ourense --CC.OO., UGT, CSIF e CIG--.


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: