Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CERA

O PSOE é maioritario no voto emigrante en Lugo, Ourense e Pontevedra

Aínda non se pechou o reconto dos sufraxios enviados polos residentes ausentes á provincia da Coruña.

Redacción - 09:00 11/06/2009
Na Coruña aínda non terminou o reconto do voto dos residentes ausentes

Na Coruña aínda non terminou o reconto do voto dos residentes ausentes

As provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra finalizaron esta cuarta feira o escrutinio do Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) dos comicios europeos do pasado domingo, con vitoria do PSOE nas tres provincias, e a un total de 6.072 votos do PP. A distancia con respecto aos nacionalistas é de 17.597 sufraxios.

En Lugo o PSOE conseguiu 4.575 papeletas, por 2.397 do PP e 154 do BNG. Nesta provincia, o Partido Antitaurino contra o Maltrato Animal situouse como cuarta forza, a 14 votos d Bloque, con 138 papeletas emitidas. En Ourense, o PSOE liderou o reconto cos seus 5.190 sufraxios, por 3.832 do PP e 262 dos nacionalistas. En Pontevedra tamén gañaron os socialistas, con 8.368 votos, por 5.832 dos populares e 358 do BNG. Nesta última provincia, o cuarto partido foi Esquerda Unida, que conseguiu 120 papeletas.

Pola súa parte, a Xunta Electoral da Coruña, a que rexistrou máis papeletas da diáspora de todo o Estado, cun total 27.109 sobres, volverá ao reconto esta quinta feira.

Comparativa cos votos emitidos en 2004
Comparado o voto emigrante desta cita electoral co das europeas de 2004, que tamén lle deu a vitoria aos socialistas en Galiza cun total de 33.839 votos -o 54,81% dos 61.731 válidos-, fronte aos 25.218 do PP e os 2.674 del BNG; nesta ocasión, e a falta de recontar os votos da provincia da Coruña, los socialistas contan con 18.133 papeletas, fronte ás 12.061 do PP e as 536 do Bloque.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: