A Voceiro do Grupo Parlamentario Socialista no Senado e senadora por Pontevedra, participou nun encontro con mulleres, celebrado na agrupación socialista de Redondela.
A Voceiro do Grupo Parlamentario Socialista no Senado e senadora por Pontevedra, Carmela Silva, dixo que "España é exemplo para outros países de Europa en políticas de igualdade" durante a súa intervención nun encontro con mulleres, celebrado na agrupación socialista de Redondela.
Silva resaltou que, co goberno español liderado por Rodríguez Zapatero, "España é o país no que outros se fixan para as súas políticas de Igualdade". "Fronte á dereita do PP que foi a única forza política que non apoiou a Lei de Igualdade, o goberno Zapatero segue combatendo os estereotipos sexistas", subliñou. Dito isto, engadiu que os socialistas queren levar a Europa "o que é xa unha realidade en España", e por iso, pediu o apoio dos cidadáns "para que avalen algo que é unha realidade, España ten unha enorme credibilidade en políticas de Igualdade".
A senadora destacou que "a Unión Europea sempre apostou pola igualdade de oportunidades grazas ao impulso das forzas europeas máis progresistas fronte a unha dereita reaccionaria oposta ao progreso social das mulleres". Como exemplo, recordou que, "fronte a un PP que negou en Europa o acceso universal aos servizos de saúde sexual e reprodutiva ás mulleres", os socialistas defenderon sempre "o dereito da muller a decidir libre e responsablemente sobre a súa saúde sexual e reprodutiva".
Recalcou que na próxima lexislatura os socialistas europeos seguirán impulsando "a eliminación de obstáculos que lastran a participación das mulleres no mercado laboral; combatendo os estereotipos sexistas e o acceso das mulleres aos postos decisorios". A voceiro socialista pediu o voto para o PSOE porque "o 7 de xuño non se decide o goberno de España, elíxese a maioría política que vai marcar o futuro de Europa". "Nós pedímosvos o voto para defender en Europa o que defendemos en España", concluíu.