Os axentes antidisturbios empregaron bólas de goma para dispersar os manifestantes concentrados na Praza América. Un grupo de folguistas atrincheirouse en Barreras.
Efectivos antidisturbios da Policía española cargaron contra grupos de traballadores do metal que secundan a folga do sector. Os incidentes producíronse cando os folguistas estaban concentrados na Praza América de Vigo, logo dunha asemblea que se tiña producido na Praza do Rei.
Segundo informa Europa Press, pouco despois das 13:00 horas deste mércores, unha ducia de furgóns policiais chegaron a toda velocidade á zona, onde non estaba a haber incidentes. Logo duns momentos de tensión, os axentes cargaron duramente con pelotas de goma. Os traballadores queimaron un bus urbano que empregaron como barricada. Posteriormente, atrinchieráronse en Barreras, onde permanecen rodeados pola policía.