Logo de cinco días buscando un comprador, esta mañá un camión cisterna de Leche Celta pasou polas dúas granxas.
Os dous gandeiro vetados por Lácteos Lence comezaron este xoves a venderlle a Leche Celta a súa produción. Desbloquéase así un conflito entre a empresa de Lence e os dous produtores. Durante cinco días, os dous propietarios de Barreiros non puideron darlle saída ao leite.
Nunha entrevista en Vieiros, un dos gandeiros, Lucas Veiga, explicaba o martes que se non atopaban comprador este semana tería que pechar a súa explotación.