Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Europa, Terra de Pobos

O Consello Rexional de Sardeña rexeita unha moción sobre a independencia

O Partito Sardo D'Azione, que conta con cinco representantes dun total de 85, pedira que a asemblea se pronunciase.

F. A. - 09:00 28/05/2009
Bandeira independentista sarda

Bandeira independentista sarda

O Partito Sardo D'Azione (PSd’Az), a principal formación nacionalista de Sardeña, presentou esta semana unha moción no órgano lexislativo da illa, o Consiglio Regionale, onde se pedía a implicación da asemblea no proceso de secesión.

En concreto, os nacionalistas solicitaban que a asemblea "guiase Sardeña cara a unha plena e completa independencia, nun proceso de rotura institucional co Estado italiano". No entanto, a moción foi rexeitada, xa que o PSd'Az ten cinco conselleiros dun total de 85.

Por outra banda, o PSd’Az así como outras formacións independentistas sardas como Indipendèntzia Repùbrica de Sardigna (iRS) -sen representación parlamentaria- anunciaron que pedirán o boicot ás eleccións ao Parlamento Europeo, xa sexa coa abstención, ou co voto nulo.

A razón é que nestes comicios Sardeña está incluída dentro da mesma circunscrición electoral que Sicilia, moito máis poboada, polo que é moi complicado que os candidatos sardos poidan conseguir representación na Eurocámara.


4,81/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: