Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Pleno municipal

EU e BNG facilitan a aprobación das contas de Ferrol para 2009

O PSOE contou co apoio dos ex socios de goberno e do BNG para uns orzamentos de 60,5 millóns de euros.

Redacción / Europa Press - 09:30 15/05/2009
Concello de Ferrol

Concello de Ferrol

Os orzamentos municipais do Concello de Ferrol superan en 15 millóns de euros de 2008, sumando 65,3 millóns, se se engaden as partidas da empresa municipal de augas, Emafesa. Recollen uns investimentos de 10,8 millóns de euros, cun incremento do 350%. De forma concreta, Urbanismo increméntase un 180% e Benestar Social un 21% por cento, coa inclusión destacada dunha partida de dous millóns de euros para axuda ao fogar.

Ademais, por vez primeira, os presupostos recollen de forma específica a participación cidadá, outorgándolle aos veciños de Ferrol a decisión sobre o investimento de 350 mil euros este ano e ata dous millóns o próximo exercicio. Xustamente, ese foi un dos puntos que facilitou o acordo entre PSOE e EU. Inicialmente, os socialistas propoñían 100 mil euros e o grupo de Iolanda Díaz reclamaba un millón.

O PSdeG-PSOE, que goberna en minoría en Ferrol encabezado polo alcalde Vicente Irisarri, logrou así o apoio dos seus ex socios de Esquerda Unida, e do BNG, para sacar adiante no pleno municipal extraordinario os presupostos municipais deste ano, que con 60,54 millóns de euros e un endebedamento do 53%, son os máis elevados da historia da cidade. Doutra banda, o PP, con sete concelleiros, votou en contra, e Independentes por Ferrol, con tres, abstívose.

Conflito polo endebedamento
O debate prolongouse durante case tres horas e media, e a lea principal tivo lugar arredor do endebedamento do Concello. O PP acusou os socialistas de levar á cidade á "bancarrota" e de incumprir os obxectivos de estabilidade presupostaria, ao incorporar unha débeda de 5,6 millóns de euros. O voceiro popular, Xosé Manuel Rey Varela, asegurou que o tempo vaille "dar a razón".

Fronte a estas acusacións, o concelleiro de Facenda, Ramón Veloso, afirmou que o endebedamento se situaba no 53%, fronte ao límite legal do 110%. Resaltou que a porcentaxe é inferior ao 60% máximo que formulara inicialmente o goberno local. Veloso acusou a Rey Varela, de "mentir", "quedar no medio da liña", "falsear datos", e "confundir déficit" con capacidade e necesidade de endebedamento para investimentos.


4,43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: