Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
A automoción en crise

Feijoo "dille non á salvación de Citroën", opina Caballero

O alcalde de Vigo pídelle á Xunta que non rexeite o plan de axudas á compra de coches.

Redacción - 09:00 15/05/2009

De "precipitadas" e "pouco meditadas" cualificou este xoves o alcalde de Vigo, Abel Caballero, as declaracións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ao respecto do plan de financiamento de compra de vehículos.

"Que a pense ben, e que diga por que non quere axudar á salvación de Citroën", afirmou ao fío Abel Caballero. O rexedor lembrou que varias comunidades autónomas anunciaron que apoiarán esa medida e dixo que non se entendería que Galiza, "que ten a primeira industria" a nivel estatal, "diga que non". Deste xeito, o alcalde insistiu en conferencia de prensa en que "non se entende" por que o titular do Executivo "se opón" á medida que anunciou o presidente do goberno español, e recordou que "non hai precedentes de que un presidente propoña unha iniciativa para salvar a industria do automóbil, e nela a Citroën, e o presidente da Xunta diga inmediatamente que non".


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: