Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
O 19 de xuño

O goberno local pontevedrés irá á fronte dunha manifestación contra a delegación da Xunta en Vigo

Diversos colectivos sociais únense á protesta que, en palabras do alcalde, defenderá "a capitalidade de Pontevedra".

Redacción - 09:30 14/05/2009
Casa do Concello, Pontevedra

Casa do Concello, Pontevedra

Tras dúas horas de reunión, á que asistiron representantes de diversos colectivos sociais, económicos da cidade, o rexedor local, a voceira de goberno municipal, Anxos Ribeiro e a tenente de alcalde, Teresa Casal, acordaron manter un segundo encontro o próximo mércores 20 de maio, ás 18h30. A convocatoria, fixada para o 19 de xuño, estará aberta a todas as organizacións que se queiran sumar tanto de Pontevedra como dos concellos limítrofes para, segundo Lores, "crear unha táboa reivindicativa que se plasmará nun manifesto consensuado elaborado por unha comisión".

Segundo manifestou o rexedor municipal, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, o obxectivo da mobilización é "o defensa da capitalidade de Pontevedra" e esixir que "esa decisión se cambie". A plataforma vaille enviar unha carta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, para trasladarlle o seu rexeitamento a unha decisión que cualifican de "agravio sen precedentes". O rexedor agarda que a mobilización sexa "contundente". En palabras da socialista Teresa Casal, "toda a sociedade civil de Pontevedra considera esta decisión como un insulto" polo que apela "a organizar máis protestas en diante" argumentando que "ninguén está disposto a consentir que isto quede así".


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: