Logo de 16 anos como edil do BNG, deixa o goberno local e desvencéllase da política.
Avanzárao hai poucos días e este mércores presentou a renuncia formal no propio Concello de Ourense. Alexandre Sánchez Vidal argumenta razóns persoais para esta decisión, logo de 16 anos de traballo no grupo do BNG no Concello, e volve á súa actividade profesional no gabinete xurídico da delegación local do Sergas.
Na presentación da súa renuncia, Sánchez Vidal insistiu na boa saúde da coalición de goberno que xunta nacionalistas e socialistas na cidade. Con probabilidade, o temón dos nacionalistas ourensáns no goberno municipal recollerao Andrés García Mata. Ademais, a saída de Vidal do grupo do BNG implica a entrada do seguinte na lista das últimas eleccións municipais, Manuel Herminio Iglesias.