Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CARTOLAB

Que cambiou en Galiza nas últimas eleccións, nunha ollada

O Laboratorio de Enxeñaría Cartográfica da UDC analiza en mapas a evolución do voto no país entre 2005 e 2009.

Redacción - 13:45 13/05/2009
Variación dos votos entre PPdeG e bipartito de 2005 a 2009

Variación dos votos entre PPdeG e bipartito de 2005 a 2009

O Laboratorio de Enxeñería Cartográfica (CartoLab) da Universidade da Coruña elaborou unha exhaustiva análise cartográfica das eleccións do pasado 1 de marzo. Despois de cruzar diversas variábeis, amosa unha fotografía clara do cambio que se produciu entre os comicios de 2005 e os de 2009.

A análise, que serve de demostración da potencia comunicativa que teñen os mapas para entender datos, usa a cor azul para o PPdeG, a vermella para o PSdeG e a amarela para o BNG, que se combina en laranxa para indicar o anterior goberno bipartito.

Se, ao principio, apenas se ven diferenzas entre as anteriores e as últimas eleccións, o contraste comeza a verse cando se analizan a diferenza cuantitativa de votos entre os partidos e a súa evolución segundo a poboación de cada concello. O autor do traballo foi Francisco Alberto Varela García, que liberou o traballo mediante unha licenza Creative Commons-Atribución.


3,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: