Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Certame en favor do idioma

Imaxes para unha lingua con futuro

Un ano máis, desafiámosvos a espremer imaxinación e creatividade. Agardamos as vosas fotografías e vídeos.

Redacción - 08:00 12/05/2009
Tags:

Por cuarto ano consecutivo apelamos á vosa colaboración neste maio de Letras. Só necesitades unha cámara fotográfica ou de vídeo e grandes doses de imaxinación e creatividade.

En 2009 o reto que vos propoñemos apela ao espírito co que convocamos aquela primeira iniciativa bautizada "O galego no espello". Definir a lingua a través dunha proposta gráfica.

Que significa a lingua para ti? Como animar a usala? Como construírmos unha lingua con futuro? Cóntanolo no especial Unha imaxe para o galego, 2009

Tés cancha libre para crear ao teu xeito. Aforra palabras e fálanos en imaxes. Agardamos as vosas fotografías. Valoraremos especialmente aquelas obtidas directamente, pero tamén se aceptan as tratadas posteriormente que, con todo, teñan como base unha imaxe fotográfica. Xa que logo, quedan excluídos deseños e ilustracións.

Por outro lado, unha vez máis, abrimos tamén unha sección especial destinada aos vídeos que, con esa mesma inspiración, queirades enviarnos.

O prazo para enviardes os vosos traballos fica aberto desde este mesmo 12 de maio e até o próximo 30 de xuño.

Recordámosvos os gañadores en 2008: Eu nunca serei yo, de Roberto Roget, no apartado de fotografía, e O galego: idioma de moda, de Xela Rodríguez, en vídeo


5/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O galego idioma de moda, vídeo gañador en 2008

A fotografía gañadora de Unha Imaxe para o Galego 2008
A fotografía gañadora de Unha Imaxe para o Galego 2008