Miguel Fernández Lores anunciou que a vindeira semana vai organizar un movemento cidadán contra o solapamento da urbe.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), anunciou que a vindeira semana vai convocar os voceiros sociais, empresariais, profesionais e veciñais da cidade para organizar un movemento cidadán contra o "protagonismo" que a Xunta lle está a dar a Vigo, en detrimento de Pontevedra. O detonante desta convocatoria foi a designación dun delegado na cidade olívica e outro en Pontevedra, xa que no resto de Galiza só se nomeou un delegado por provincia.
Fernández Lores, quen sinalou que, ao seu ver, trátase dunha "decisión política totalmente errónea, porque é unha agresión á cidade de Pontevedra", dixo estar "convencido de que este é o sentimento maioritario dos cidadáns" e anunciou a súa intención de convocar ese encontro para "barallar actuacións e facer propostas ante este erro político".
O posicionamiento do rexedor é compartido pola súa socia de goberno, a socialista Teresa Casal, e nesta liña posicionouse tamén a Cámara de Comercio de Pontevedra.