No seu Consello, o Executivo Feijoo paralizou a entrada en vigor desta norma, para consensuar un novo texto e engadirlle as achegas do sector.
Esta quinta feira o Consello da Xunta decidiu suspender a entrada en vigor da Lei de Pesca -prevista para o vindeiro 16 de xuño-, desenvolvida polo goberno de PSdeG e BNG.
Esta decisión, segundo sinalaron dende o Goberno, supón "o cumprimento do compromiso electoral" de retirar a norma nos primeiros 100 días de Goberno, e elaborar unha nova lei que atenda as principais reclamacións do sector pesqueiro. Para isto, a Consellaría do Mar quere consensuar cos actores do sector unha nova norma "que atenda ás súas principais reclamacións". Esta medida tamén anula os efectos derrogatorios desta Lei sobre outras normas anteriores.