Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tal e como estaba previsto

López convértese no primeiro lehendakari socialista, grazas aos votos do PP e UPyD

Ibarretxe anunciou o abandono da política, após despedirse do Parlamento, un feito que eclipsou, segundo os xornais vascos, a investidura de Patxi López.

Redacción - 09:00 06/05/2009
Ibarretxe e López, saudándose á chegada ao Parlamento vasco

Ibarretxe e López, saudándose á chegada ao Parlamento vasco

O candidato do PSE a lehendakari, Patxi López, recibiu, na sesión de tarde do Parlamento en Vitoria-Gasteiz, o apoio dos deputados do PP e de UPyD para chegar a mandatario en Euskadi, tal e como estaba previsto.

A despedida de Ibarretxe eclipsa a López na súa chegada a Ajuria Enea
Porén, a noticia do día nos xornais vascos foi o marcha do lehendakari en funcións, Juan José Ibarretxe, quen se despediu do Parlamento e da política no seu último discurso, moi político e, por veces, unha arma arreboladiza contra os socialistas. Antes de pechar a sesión, Ibarretxe subiu as escaleiras e colocouse fronte o atril para dicir, ante a atenta ollada dos presentes, que marchaba da política: "Vou abrir unha nova etapa na miña vida. Non vai ser difícil, porque nunca esquecín que aos lehendakaris danos o mesmo sol e a mesma chuvia que ao resto de homes e mulleres deste país, mais en calquera caso, debedes saber que aquí nesta casa, neste Parlamento, comecei a miña vida política e que aquí termino de facer política. Agur".

Ao terminar a xornada de investidura, López reiteroulle a oferta de man tendida ao PNV, e volveu negar que o seu vaia ser un executivo frentista, porén, os jeltzales vaticinaron un goberno inestábel e avanzaron que a súa vai ser unha oposición responsábel, mais non de acordo con todas as teses do PSE.

Esta terza feira foi un día histórico para Euskadi, xa que chegaba a Ajuria Enea o primeiro inquilino non ligado ao PNV. López ha gobernar en minoría, co apoio dos populares vascos, e o PNV pasará á oposición parlamentaria, por primeira vez en 30 anos, dende a restauración democrática.

A noticia nos medios de comunicación de Euskadi:


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: