Beatriz Mato pediu que non se confunda a súa medida coa "desregulación", despois de que o deputado José Tomé Roca (PSdeG) a acusase de "querer reducir os dereitos dos traballadores".
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, defendeu esta segunda feira, reducir a burocracia na tramitación de Expedientes de Regulación de Emprego (ERE) e pediu que non se confundise esta súa arela coa "desregularización", despois de que o deputado José Tomé Roca (PSdeG) a acusase de "querer reducir os dereitos de los traballadores".
Nun comunicado de prensa, a conselleira remarcou que o Goberno "non pretende desregularizar os EREs, senón que, pola contra, defende que a Administración estea presente neste proceso de tramitación, velando por que non se vulneren os dereitos dos traballadores". "Un expediente ben tramitado redunda no beneficio de empresarios e traballadores, e garante o cobro dos subsidios", aseverou Mato.
"Na crise, a sensibilidade de empresarios e sindicatos está a flor de pel"
A xuízo da conselleira de Traballo, "uns poucos empresarios aproveitan a crise para presentar expedientes de regulación con outra finalidade" e, polo tanto, o papel da Xunta debe ser "vixiar que se dean as condicións óptimas para a correcta aprobación destes expedientes", como o feito de que se deriven de problemas económicos na produción das empresas. Nesta liña, e sabéndose consciente de que "en época de crise a sensibilidade de empresarios e sindicatos está a flor de pel", Mato lembrou que o papel da consellaría que dirixe é "facilitar que se reduzan a burocracia e os prazos, para reducir así ese martirio".