Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Entrevista en Antena3

Feijoo promete en Madrid oposicións bilingües na Xunta de agora en diante

Redacción - 12:30 27/04/2009

"Se reducimos impostos recadaremos máis", defendeu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, durante a súa intervención este luns no programa Espejo Público, da canle televisiva Antena3, insistindo en que rebaixas "selectivas" para familias con rendas baixas e pemes contribuirían a favorecer o consumo e outorgar confianza nos mercados.

"O presidente do goberno non debería botarlle a bronca aos demais", queixouse, comparando a crise económica actual coa crise sanitaria aberta recentemente. "Igual que coa gripe que vén de México, se aquí non se recoñece que a crise existe e se toman decisións, hai un problema", explicou.

Por outro lado, en materia lingüística expuxo Núñez Feijoo que "a partir de agora nas oposicións convocadas en Galiza vaise poder optar por contestar en calquera das dúas linguas". "En Galiza temos dous idiomas, as dúas son linguas de España, e as dúas falámolas con amabilidade", subliñou.

Doutra banda, Feijoo referiuse ao problema "demográfico" como desafío clave para o país, en referencia ao avellentamento da poboación e salientou a vontade de axudar "a familias e nenos" como prioridade do seu Goberno.

Vídeo de Feijoo no programa Espejo Público


1,52/5 (23 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: