Son, para Samuel Juárez Casado, os "temas máis inmediatos". O novo conselleiro tamén asegurou que se vai reunir "con todo o sector".
O conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez Casado, asegurou na súa xestión vaille dar "prioridade aos temas máis inmediatos", que para el son o conflito do leite -dixo que se vai reunir "canto antes", cos gandeiros-, e a prevención dos incendios forestais. Tamén sinalou que, antes que nada, ha participar en varias xuntanzas con representantes de "todo o sector", para intercambiar "impresións e coñecementos".
Acompañado polo seu antecesor á fronte desta Consellaría, Alfredo Suárez Canal (BNG) -ao que agradeceu "os seus consellos e experiencia"- no seu novo despacho, Juárez Casado indicou que ha enfrontarse a esta nova etapa "con ilusión e diálogo", tratando "de sacar adiante os problemas do sector".