O voceiro parlamentario do PpdeG, Manuel Ruíz Rivas, insistiu en que "o pobo galego falou con claridade nas urnas.
(haberá ampliación)
"Os seus discursos aparecen tan rancios como calquera película de Fernando Esteso", espetoulles o voceiro parlamentario do PPdeG, Manuel Ruíz Rivas, aos voceiros parlamentarios de PSdeG e BNG no medio das gargalladas de toda a Cámara. Nunha inédita e durísima intervención por parte do voceiro do grupo que avala o novo Goberno, Rivas cargou con belixerancia contra o labor do Goberno saínte e non aforrou reproches contra socialistas e nacionalistas. "Foron vostedes soberbios na vitoria e agora son arrogantes na derrota", afirmou, insistindo en que os galegos "decidiron agora quen é futuro e quen é pasado". "Nunca o pobo se pronunciou tan alto e tan claro", dixo.
"Nós estamos dispostos a pasar páxina e mirar cara a adiante, pero non imos consentir as ofensas e insidias nin a Galiza nin a ningún dos nosos compañeiros", afirmou Rivas en referencia aos ataques realizados pola oposición ao deputado popular Agustín Hernández. "Acabou a Semana Santa e con isto non lles imos poñer a outra meixela", dixo. "A nosa coalición é con Galiza, vostedes quédense cos seus chascarrillos", arrebolou contra o final da súa intervención.