Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MOI POR RIBA DO IPC

Os alugueres subiron un 3,1% no último ano

Porén, o aumento do prezo da vivenda arrendada en Galiza foi dos menos elevados do Estado Español.

Redacción / EP - 17:45 15/04/2009

O prezo medio do aluguer de vivenda en Galiza subiu un 3,1 por cento durante os últimos 12 meses, segundo datos do INE. Aínda así, o incremento estivo por debaixo da media do Estado Español, onde foi do 3,8 por cento. A suba foi, en todo caso, moi superior á do conxunto do IPC, do -0,5% en Galiza e do -0,1 no Estado Español.

No último mes, os prezos dos alugueres subiron un 0,3 por cento a nivel estatal. No primeiro trimestre, a suba acumulada foi do 0,9%, en todos os casos por riba do IPC.

Por comunidades autónomas, a suba da vivenda arrendada durante o último ano só foi inferior á de Galiza en Canarias (2,7%), Navarra (2,3) e Murcia (2,2). Os prezos de conservación da vivenda incrementáronse un 3,5 por cento no último ano no conxunto do Estado Español, tres décimas por debaixo dos alugueres.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: